AS ÁRBORES DO NOSO PATIO

Nesta páxina atoparedes información sobre das árbores que tódolos días vedes no patio da escola. Elas que sempre caladas, vos dan sombra os días de calor e acóchanvos cando vos queredes volver invisíbeis.

CAMELIO

 

NOME

GALEGO: Camelio
CIENTÍFICO: Camellia japónica
CASTELÁN: Camelia
CATALÁN: Camélia
EUSKERA: Kameliak

ORIXE: son alóctonas, veñen do Xapón. O nome púxollo Linneo en honor de G.J.Kamel (1661-1706) farmacéutico xesuíta que recolleu plantas en Filipinas.

DESCRIPCIÓN: Son anxiospermas, teñen flor e sementes. É un arbusto ou árbore pequena, de 5 a 10 m de altura de folla perenne que posúe unha forte raíz principal; as follas miden de4 a 15 cm de lonxitude e de 2 a 5 cm de ancho.

FLORES: as flores, de 5-7 pétalos e igual número de sépalos e numerosos estames, son de cor branco-amarelentas; teñen entre 2-4 cm de diámetro. Dependendo da especie florece en outono, inverno ou primavera. Non arrecenden.

USOS: O aceite que se saca das súas sementes deshidrátase moi pouco e retén a humidade; por esta razón, utilizouse como acondicionador do cabelo e nos tratamentos da pel, para previr as asperezas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario