AS ÁRBORES DO NOSO PATIO

Nesta páxina atoparedes información sobre das árbores que tódolos días vedes no patio da escola. Elas que sempre caladas, vos dan sombra os días de calor e acóchanvos cando vos queredes volver invisíbeis.

PRADAIRO

NOME:

    • GALEGO: PRADAIRO.

    • CIENTÍFICO: ACER PSEUDOPLATANUS L. 
       
    • CASTELÁN: ARCE BLANCO

    • CATALÁN: FALS PLATÁN 

    • EUSKERA: ASTIGAR ZURIA

      DESCRICIÓN: O nome de Pseudo (falso) Platanus, pola súa semellanza co plátano de paseo. É orixinaria do centro e sur de Europa. É anxiosperma, ten flores e froito. A cortiza é lisa e aos 30 anos tórnase gretada e escamuda. As follas son opostas (como en todas as árbores do xénero acer), caducas, palmadas con cinco lobos en punta. As follas aparecen canda os froitos. 
       
      FLORES E FROITOS: Florece na primavera. As flores amarelo verdosas teñen caliz de 5 sépalos, corola con 5 pétalos e 8 estames. Os froitos son en dobre sámara con ás largas e pregadas.

      USOS: A súa madeira dura é apreciada por ebanistas e torneiros, na elaboración de contrachapado, instrumentos musicais. En tempos usouse para facer zocas. A súa leña produce un excelente carbón vexetal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario