AS ÁRBORES DO NOSO PATIO

Nesta páxina atoparedes información sobre das árbores que tódolos días vedes no patio da escola. Elas que sempre caladas, vos dan sombra os días de calor e acóchanvos cando vos queredes volver invisíbeis.

MAGNOLIO

NOME:

    • GALEGO: Magnolio común, magnolia branca
    • CIENTÍFICO: Magnolia grandiflora
    • CASTELÁN: Magnolio o magnolia
    • CATALÁN: Magnólia
    • EUSKERA: Magnolia

ORIXE: o seu nome “magnolia” débese ao botánico francés Pierre Magnol e “grandiflora” é un epíteto latino que significa “con flores grandes”. Aparece en América do Norte no século XVIII. Non é unha árbore propia de Galicia pero é moi común na xardinaxe galega. É alóctona. Localízanse principalmente no leste de América do Norte, América Central, América do Sur e sueste de Asia.

 
 

DESCRICIÓN : Son anxiospermas ( teñen flores, froito e sementes). É unha árbore perennifolia que pode chegar a medir 35 m de altura. E de forma piramidal, ramificado desde a base, aberto e pouco denso.

As follas son simples amplamente ovadas, de 12-20 cm de lonxitude e 6-12 cm de ancho, coas marxes enteiras e de cor verde escura.


FLORES E FROITO : As súas fragantes flores son grandes e de cor branca alcanzando os 30 cm e teñen entre 6 e 12 pétalos con textura acerada.


USOS: Utilízase como árbore ornamental. Empregase na construción pero como é unha árbore de crecemento lento encarece a produción a grande escala. Utilízanse como té as as flores fervidas, as veces tamén con cortiza para calmar os nervios, aliviar cólicos, dor de pés e para tratar a bile e enfermidades do corazón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario