AS ÁRBORES DO NOSO PATIO

Nesta páxina atoparedes información sobre das árbores que tódolos días vedes no patio da escola. Elas que sempre caladas, vos dan sombra os días de calor e acóchanvos cando vos queredes volver invisíbeis.

XENEBREIRO

NOME:

GALEGO: Xenebreiro
CIENTÍFICO: Juniperus communis
CASTELÁN: Enebro
CATALÁN: Ginebre
EUSKERA: Ipar-Ipuru




DESCRICIÓN :O nome Juniperus, pode vir do celta, co significado de áspero, rudo, polo sabor dos froitos e os pinchos das follas.É autóctona. O xenebreiro é un arbusto de 1 a 3 metros de altura, aínda que noutras condicións, diferentes ás destes montes, podería mesmo chegar a 15 m. Posúe unha codia olorosa, pardo-avermellada que se desprende a tiras. Ten follas aciculares de entre 6 a 21 mm de longo e 1 ou 2 mm de ancho, agrupadas en fas de 3. Son puntiagudas e punzantes e presentan unha liña esbrancuxada no centro do feixe. É unha especie, polo xeral, dioica (presenta plantas masculinas e femininas), aínda que hai exemplares cos dous sexos. Os exemplares masculinos teñen, en primavera, uns conos nas axilas das acículas, mentres que os femininos desenvolven uns conos ovoides con escamas que se transforman nos froitos.


 



USOS: O xenebreiro é unha planta que se veu utilizando con fins medicinais durante milenios.
Os gregos queimaban xenebreiro para combater as epidemias e os tibetanos e os amerindios considerábano un incenso sagrado.
Na Idade Media cría que o xenebreiro protexía da posesión diabólica, das enfermidades e dos animais velenosos, e plantábase na entrada das casas para salvagardar os seus moradores do mal de ollo e para manter afastadas as serpes.
Cos froitos faise a xenebra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario