AS ÁRBORES DO NOSO PATIO

Nesta páxina atoparedes información sobre das árbores que tódolos días vedes no patio da escola. Elas que sempre caladas, vos dan sombra os días de calor e acóchanvos cando vos queredes volver invisíbeis.

viernes, 30 de mayo de 2014

TUIA


NOMES: 
 

GALEGO: Tuia

 CIENTÍFICO: Thuja 
 
CASTELÁN: Tuya

CATALÁN: Tuia

EUSKERA: Thuja





O termo galego tuia vén do grego: θυία (nome que lle daban a esta árbore).



ORIXE: son alóctonas, a súa área natural de orixe é moi extensa, dende Irán ata China e Corea.



DESCRICIÓN : Son plantas ANXIOSPERMAS, teñen flor e froito. Estas árbores sempre verdes que medran dende 3 m ata os 18 m de alto, cunha codia pardo avermellada de textura fibrosa. As gallas son planas, coas polas laterais nun só plano.

Flores e froito: florecen na primavera. Piñas ovoides de 1-1,3cm de largo, con 6 a 8 escamas desiguais, algo carnosas e provistas no dorso de unha protuberancia recurvada en forma de corno, con 1 a 3 sementes ovoides, algo angulosas.



USOS: As tuias cultívanse amplamente como árbores ornamentais, e son usadas amplamente como sebes.

A madeira é lixeira, suave e aromática. Pode dividirse doadamente e resístese á decadencia. A madeira usouse en moitas aplicacións, dende facer petos que repelan a couza, a facer paneis e raís. A madeira de Tuia plicata é usada a miúdo para as caixas das guitarras.

O aceite de tuia úsase de xeito tópico para axudar ao tratamento do papiloma humano, espullas e espullas xenitais. É popular en tratamentos homeopáticos, para tratar infeccións das vías respiratorias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario